O barrio de Vite sitúase na zona norte da cidade de Santiago de Compostela e xorde como unha peza planificada a través do Plan Parcial do Polígono de Vite redactado en 1968 e aprobado en 1969. A área delimitada constitúe un sector homoxéneo cunha serie de características tipolóxicas, morfolóxicas e estruturais que lle confiren unha diosincrasia propia no conxunto da cidade. Conta con espazos verdes e cunha actividade docente importante.
Copyright: Instituto Geográfico Nacional - Xunta de Galicia
Parque da Música
Tal como se mostrou na exposicición A memoria da xente, a expansión da cidade de Compostela empezou polo sur cara a Conxo e o que hoxe é o campus universitario e seguiu a partir dos anos sesenta por Enfesta, ao oeste, e O Burgo dás Nacións, ao norte. Á inaguración de albergues prefabricados para o Ano Santo de 1965 nesta zona de Santiago, hoxe ocupada por unha residencia universitaria e a Facultade de Filoloxía asistiu Franco durante un das súas viaxes a Galicia. Da estrea das barracas dan conta as imaxes gravadas para o Non-Do en Compostela, tamén rescatadas para a exposición. Os barrios de Santiago, cheos de agricultores e obreiros, conservaron o seu carácter a pesar da unión coa cidade burguesa.
Facultade de Filoloxía (USC)
Ningún comentario:
Publicar un comentario