Os Paseos de Jane enmárcase dentro da iniciativa Jane’s Walk, que persegue homenaxear á activista e urbanista Jane Jacobs realizando accións e percorridos por cidades de todo o mundo, para reivindicar as rúas como espazo público de convivencia e encontro.
Imaxe de Jane Jacobs (1916-2006)
Activista urbana, xornalista e investigadora. Foi unha das principais voces do que agora se denomina urbanismo sustentable. A influencia do seu libro Muerte y vida de las grandes ciudades (1961) non deixou de crecer. Nel disecciona a estrutura das cidades e oponse ás teorías de planificación e zonificación. Como activista foi organizadora de revoltas cidadás contra o rumbo que se lle quería impor ao urbanismo.
Desde 2007 o primeiro fin de semana de cada mes de maio cidadás de moitas cidades do mundo saen á rúa para realizar un paseo polo seu barrio e pola súa cidade. Non se trata dun percorrido casual senón pensado, organizado por asociacións, plataformas veciñais de cada barrio durante meses, reunidas para decidir que edificios, que lugares, xardíns e institucións queren mostrar. Para iso búscanse ás persoas que os coñecen, que investigan sobre o desenvolvemento actual, histórico e de memoria.
Falando e paseando xorden reflexións sobre o patrimonio público, a vivenda,
os espazos verdes , a xentrificación, a memoria histórica, todos estes aspectos encamiñados a comprender a nosa contorna.
Podemos ver no enlace unha reportaxe sobre os paseos de Jane Jacobs e a súa divulgación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario