domingo, 22 de maio de 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 (Actividades 5 anos)

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 foi militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México.

Información completa: https://academia.gal/letras-galegas/2022/florencio-delgado-gurriaran

Florencio Delgado Gurriarán incorpora a súa poesía a toponimia mexicana e a galega, a cultura mexicana, a nova paisaxe que descubre é incorporada tamén aos poemas que escribe. Podemos atopar nomes de plantas en náhualt. Aquí deixamos unha mostra do traballo colaborativo realizado.



Que nos conta Forencio?

Florencio deixoulles ás nenas e nenos dous sobres pegados a unha cartolina. Un contén unha carta onde Florencio lle explica aos nenos o que contén o segundo sobre e, a outra, unha serie de datos e información da súa persoa. Os nenos e nenas deberán ir sacando de forma voluntaria do sobre as mensaxes e ir pegándoas dentro do bocadillo da cartolina con velcro. Desta forma terán recollida a información básica do autor nun mesmo espazo.

Cos poemas de Florencio descubrimos os nomes da natureza


Facemos voar o rostro de Florencio


Poema de Florencio Delgado Gurriarán: “O castiñeiro morto” (actividades 4 anos)

Este poema formará parte da publicación Bebedeira (editorial Nós, 1934) que reúne textos maiormente xa publicados. Neste primeiro libro aparece unha homenaxe á terra e á paisaxe Valdeorresa, con poesías de corte sensorial e evocadoras da cosmogonía valdeorresa.

Traballarase coa tradución do poema ao castelán e ao inglés.

Moi atentas ás indicacións sobre os seus poemas

A pegada de Florencio entre os muros de Filoloxía





Deixa a túa pegada. Letras galegas na Facultade de Filoloxía. USC (actividades 3 anos)

Obxectivos das actividades realizadas
  • Producir un achegamento ao día das letras galegas a través dun poema de Florencio Delgado Gurriarán
  • Traballar coa súa imaxe das diferentes partes da cara
  • Ordear as letras do seu nome
  • Asociar letras a animais
  • Escoitar activamente o poema lido.  Identificar elementos da vida cotidiá dentro do poema lido

Representamos o nome e o apelido do poeta

Coas súas letras aprendemos os nomes dos animais


O rostro de Florenco

mércores, 18 de maio de 2022

Pola ruta do parque cos animais (actividades 5 anos)

 Obxectivos

  • Coñecer diferentes especies de animais
  • Iniciarse no coñecemento dos animais noutras linguas
  • Recoñecer as diferenzas que existen entre as onomatopeas en función do idioma
  • Reparar na diversidade lingüística da contorna
  • Achegarse ao coñecemento de distintos idiomas
  • Linguas nas que se desenvolven as actividades

1. Francés, representado coa cor vermella. 2. Castelán, representado coa cor morada. 3. Catalán, representado coa cor verde. 4. Portugués, representado coa cor azul. 5. Inglés, representado coa cor amarela. 6. Euskera, representado coa cor laranxa.



Observamos, exploramos e reparamos na vida do Parque a través da historia do trasno Sancho

 O parque (contorna do centro educativo)

Obxectivos

  • Observar e explorar de forma activa a contorna do parque xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos
  • Reparar nos cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do parque e relacionalos cos factores que os producen, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e corresponsabilidade na súa conservación.

Área linguaxe: comunicación e representación

  • Empregar diferentes linguas como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.
  • Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais -o silencio, a mirada, a xestualidade, o olfacto e o tacto- como elementos xenuínos da comunicación humana.
  • Comprender que as palabras, as representación escritas, os números, notas musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas.
  • Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais con distintos propósitos -expresar sentimentos, emocións, desexos, ideas…- con diferentes interlocutores e/ou interlocutoras e en diversidade de contextos, valorando a linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da convivencia e de aprendizaxe.


Indagamos

  • Como nacen as plantas?
  • Como comen?
  • Como respiran?
  • En que estación estamos?
  • Por que caen as follas…?
  • Para que nos serven as plantas?

Imos explorar o parque empregando linguas diferentes: castelán, galego, catalán, euskera, portugués, inglés, escritura braille.

Camiñamos en parellas. Cada parella leva unha ficha en busca dunha árbore que debe recoñecer, unha vez a atope, deberán coller unha folla caída da mesma para poder pegala na ficha e posteriormente crear o álbum da primavera.

A historia do trasno Sancho

“Érase que se era un trasno chamado Sancho, o cal vivía nun parque moi fermoso, onde adoitaba pasar o tempo en compañía das diferentes árbores que alí se atopaban. Que vos parece se nos introducimos no mundo de Sancho? Veña imos comezar!

O sauce chorón é un amigo do trasno dende fai moitos anos, porque Sancho o día que o atopou, acercouse a el preguntándolle que lle pasaba e por que estaba chorando xa que o vía moi moi triste. O sauce respondeulle: “non querido trasno, non é que estea triste, pero debes saber que tanto eu como o resto da miña familia temos unha característica que nos identifica, temos moitos anos e o tronco moi grande, polo que xa nos pesa un pouco…”, ao que Sancho lle respondeu: “Oh! que marabilla aprender cousas novas sobre ti! Eu estou sempre por este parque, así que calquera cousa que precises podes contar comigo”. Desde este momento, ambos pasan os días bailando xuntos como grandes amigos.

Sancho, unha vez estaba canso de tanto bailar co sauce, foi na procura do seu amigo o magnolio, o mellor cantante de nanas de todo o parque, polo que Sancho aproveitou o seu gran tamaño e a comodidade das súas follas para tomar un pequeno descanso.

Cando Sancho se atopaba completamente descansado, comezou a notar unha gran sensación de fame, polo que foi a xunto do seu amigo o bambú, quen lle dixo: “eu podo prestarche unha das miñas canas para que vaias pescar e así encher a túa pequena barriga”, ao que Sancho lle respondeu: “moitas grazas amigo! En canto consiga a comida suficiente volverei a devolverche a cana e comeremos os dous xuntos”.

Co estómago cheo, Sancho despídese do seu amigo o bambú e continúa o se camiño en busca de novas aventuras. Así, aparece o seu amigo o liquidámbar quen lle pide que xogue con el ao fútbol empregando os seus numerosos froitos caídos, polo que ambos pasan xuntos un rato moi divertido.

Cando Sancho se aburriu de xogar ao fútbol, decidiu ir a xunto do seu amigo o pino, unha árbore moi moi alta, pola que podía trepar ata a súa cima para así desfrutar das fermosas vistas da cidade de Santiago de Compostela. Vista xa a cidade por completo, baixou do pino e despediuse del, continuando a súa viaxe, atopouse cos patos e as ocas do parque, que lle preguntaron se quería xogar con eles e elas ás agachadas, ao que el lles respondeu que si. Así, unha vez comezado o xogo, Sancho foi a xunto do seu amigo o teixo, unha árbore moi frondosa que lle deixaba agocharse entre as súas pólas e follas de forma que era case imposible que o atoparan.

Como os patos e as ocas non o daban atopado, o trasno Sancho cansouse de esperar e decidiu marchar a xunto do seu amigo o castiñeiro de indias, quen o convidou a xogar con el, de forma que os dous se colleron da man e comezaron a balancearse xuntos.

Despois de tanto balanceo, Sancho dixo: “ai! meu ceo! que mareo!” ao que o castiñeiro de indias respondeu: “ai, Sancho, Sancho! Corre mentres poidas ata a camelia, ela axudarache a que se che pase o mareo”. Cando o trasno chegou, a camelia díxolle: “ule a miña flor e atoparaste mellor”. “Agora que xa estás moito mellor, a onde vas a ir?” - díxolle a camelia a Sancho. “A xunto da miña amiga a ameixa de xardín”.

Sancho emprende o seu camiño, e unha vez alí ela dille: “Boas trasniño, e ti por aquí?”  “Vin a visitarche porque botaba de menos que me cantaras a túa famosa canción”

“Se mo dis así… cantemos entón amigo meu!” díxolle a ameixa.

E xuntos cantaron a canción “Violeta”.

Para rematar co paseo, Sancho despídese e vai a xunto do seu amigo tamarisco que lle di: “Véxoche un pouco canso, hoxe tiveches moitas aventuras. Por que non te tumbas baixo a niña sombra e descansas xa ata mañá?” O trasno, que si que se atopaba moi canso, aceptou a proposta e quedou baixo o seu amigo a durmir placidamente.

Fin.”

Álbum da primavera

Aprendemos co trasno Sancho







Os parrulos do parque tamén falan diferentes linguas (actividades 3 anos)

 

Escoitar e recoñecer as onomatopeas dos parrulos en distintos idiomas

Obxectivos

  • Integrar a diversidade lingüística nas aulas de educación infantil
  • Saber recoñecer diferentes tipos de onomatopeas para referirse á comunicación dos parrulos
  • Desenvolver a psicomotricidade fina
  • Gozar da natureza como medio de aprendizaxe e xogo

Grupos de cores

amarelo: castelán; “cua cua”

azul: francés “coin coin”

vermello: xaponés “ga ga”

verde: grego “pa-pa-pa

rosa: danés “rap-rap”

 

Coloreamos o noso colar



 Xogamos no parque “pato pato cua”



luns, 9 de maio de 2022

Sementamos linguas no Parque da Música (Santiago de Compostela)

 A proposta de acción-participativa entre o estudantado da titulación de Mestra en Educación Infantil e o CEIP de Vite (profesorado e estudantado) vai encamiñada a aprehender na contorna dos centros educativos (CEIP de Vite, Facultade de Filoloxía e Facultade de Ciencias da Educación). Paseamos polos espazos naturais e a través da observación reflexionamos sobre a diversidade lingüística que nos achega aos espazos naturais e habitados por diferentes especies.

Sementamos nomes e linguas

Aprendemos os nomes en diferentes linguas

Representamos os parrulos do parque por cores
Representamos os parrulos con cores
As linguas a través das cores


sábado, 3 de abril de 2021

Deambulando pola paisaxe de Vite

 Este caderno recollerá as reflexións, imaxes e comentarios que son o resultado da práctica das andainas polos arredores de Vite (en Compostela), entendidas como ferramenta crítica e unha maneira de mirar e reflexionar sobre a paisaxe do barrio. O punto de partida é o eixe entre o CEIP de Vite e a Facultade de Ciencias da Educación (USC), dende aquí exploraremos a contorna a través dos paseos conscientes e coa mirada observando a paisaxe lingüística.



venres, 2 de abril de 2021

Lendo a Francesco Careri (2016): Walkscapes. El andar como práctica estética

 Careri (2016), nun comunicado de prensa: "Stalker a través de los territorios actuales" (Roma, 5-8 de outubro de 1995) expón o proxecto que planea realizar, unha viaxe a pé durante cinco días no que pretende descubrir "un territorio difuso, indefinido e metafórico" no perímetro urbano.Segundo explica neste artigo:

En los territorios Actuales se pretende trazar una red de recorridos, de puertas de acceso y de estaciones de intercambio a través de las cuales penetrar en la realidad mutante del pensamiento y del territorio, hasta ahora removida, pero al tiempo alimentada por una increíble cantidad de desechos, materiales, inmateriales y humanos (...) Experimentar nuevas formas cognoscitivas a través de la reintegración de recorridos de investigación del arte y de la ciencia, de ecosistemas inéditos que compongan la laceración entre el ser humano y el propio ambiente, cuya realización vuelva a ser la expresión natural de las relaciones que tienen lugar.


 

xoves, 1 de abril de 2021

O barrio de Vite (en Compostela)

 O barrio de Vite sitúase na zona norte da cidade de Santiago de Compostela e xorde como unha peza planificada a través do Plan Parcial do Polígono de Vite redactado en 1968 e aprobado en 1969. A área delimitada constitúe un sector homoxéneo cunha serie de características tipolóxicas, morfolóxicas e estruturais que lle confiren unha diosincrasia propia no conxunto da cidade. Conta con espazos verdes e cunha actividade docente importante.

 Copyright: Instituto Geográfico Nacional - Xunta de Galicia

Parque da Música
Tal como se mostrou na exposicición A memoria da xente, a expansión da cidade de Compostela empezou polo sur cara a Conxo e o que hoxe é o campus universitario e seguiu a partir dos anos sesenta por Enfesta, ao oeste, e O Burgo dás Nacións, ao norte. Á inaguración de albergues prefabricados para o Ano Santo de 1965 nesta zona de Santiago, hoxe ocupada por unha residencia universitaria e a Facultade de Filoloxía asistiu Franco durante un das súas viaxes a Galicia. Da estrea das barracas dan conta as imaxes gravadas para o Non-Do en Compostela, tamén rescatadas para a exposición.  Os barrios de Santiago, cheos de agricultores e obreiros, conservaron o seu carácter a pesar da unión coa cidade burguesa. 

Facultade de Filoloxía (USC)



Os Paseos de Jane

 Os Paseos de Jane enmárcase dentro da iniciativa Jane’s Walk, que persegue homenaxear á activista e urbanista Jane Jacobs realizando accións e percorridos por cidades de todo o mundo, para reivindicar as rúas como espazo público de convivencia e encontro.


Imaxe de Jane Jacobs (1916-2006)

Activista urbana, xornalista e investigadora. Foi unha das principais voces do que agora se denomina urbanismo sustentable. A influencia do seu libro Muerte y vida de las grandes ciudades (1961) non deixou de crecer. Nel disecciona a estrutura das cidades e oponse ás teorías de planificación e zonificación. Como activista foi organizadora de revoltas cidadás contra o rumbo que se lle quería impor ao urbanismo. 

Desde 2007 o primeiro fin de semana de cada mes de maio cidadás de moitas cidades do mundo saen á rúa para realizar un paseo polo seu barrio e pola súa cidade. Non se trata dun percorrido casual senón pensado, organizado por asociacións, plataformas veciñais de cada barrio durante meses, reunidas  para decidir que edificios, que lugares, xardíns e institucións queren mostrar. Para iso búscanse ás persoas que os coñecen, que investigan sobre o desenvolvemento actual, histórico e de memoria. 

Falando e paseando xorden reflexións sobre o patrimonio público, a vivenda, os espazos verdes , a xentrificación, a memoria histórica, todos estes aspectos encamiñados a comprender a nosa contorna.

Podemos ver no enlace unha reportaxe sobre os paseos de Jane Jacobs e a súa divulgación:


La Aventura del Saber. El paseo de Jane Jacobs, divulgadora científica


Proxecto: A cidade dos nenos (Francesco Tonucci)

 

Francesco Tonucci (Fano, 1941), é un pedagogo italiano que iniciou este proxecto, a cidade dos menos, na súa cidade natal. Trátase de realizar un estudo do pensamento e do comportamento infantil dentro do ambiente urbano, o que lle levou a estender o mesmo a outras cidades, O resultado destas investigacións preséntase en varios libros, sendo o primeiro A cidade dos menos. 

Imaxe: Kalandraka; N.º 2 edición (21 agosto 2020)

 Este libro marca uns pequenos obxectivos para comezar un cambio no plan de cada cidade:

 ü  Dar a palabra á infancia, mediante a creación dun Consello de Nenos en cada cidade, que sexan escoitados e tidos en conta nas administracións.

 ü  Que os nenos poidan saír sós da casa, como obxectivo principal. Que poidan percorrer as rúas sós, vivir experiencias propias, para o que é fundamental renegociar a relación de poder entre o coche e a cidade.

 ü  Repensar a cidade para facela axeitada e máis amable para a infancia. Habería que pensar nos nenos, nos edificios públicos, nos hoteis e nos restaurantes, onde os nenos son obrigados a estar quietos e portarse ben esperando a que os adultos rematen; analizar a maneira de mellorar os parques infantís, deseñados de costas á diversión e a experiencia do neno, sempre na procura desa falsa sensación de seguridade; en definitiva, que as opinións dos nenos sexan tidas en conta para o plan urbanístico da cidade.

 No enlace do proxecto A cidade dos nenos podedes atopar máis información. Hai varias cidades españolas adheridas ao proxecto, entre as que está Pontevedra.

http://www.lacittadeibambini.org/spagnolo/interna.htm

mércores, 31 de marzo de 2021

As historias que contan os espazos que nos rodean

 "Para que o espazo sexa representable e habitable, para que poidamos inscribirnos nel, ten que contar historias, ter unha carga simbólica, imaxinaria, lendaria. Ser relatos (e algunhas lembranzas non deixan de ser mitoloxía familiar), o mundo quedaría indiferenciado, non nos axudaría a habitar os lugares en que vivivmos nin a construír un fogar interior" (M. Pétit, Ler o mundo, p.15)



Parque José Afonso

O 10 de maio de 1972, dous anos antes da revolución lusa, Jose Afonso cantou por primeira vez o Grândola Vila Morena no Burgo das Nacións de Compostela nun acto presentado por Emilio Pérez Touriño como delegado da Facultade de Económicas. O concerto foi organizado por Xaime Quessada Acisclo Manzano e por Benedito, nun ano no que eran frecuentes as mobilizacións estudantís en Santiago.
A pegada da historia nun mural recente (10 de maio de 2021)






Indicacións á entrada do colexio

 Estas indicacións non podemos lelas, están demasiado altas!

Entrada do CEIP de Vite


FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 (Actividades 5 anos)

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 foi militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promot...