mércores, 18 de maio de 2022

Observamos, exploramos e reparamos na vida do Parque a través da historia do trasno Sancho

 O parque (contorna do centro educativo)

Obxectivos

  • Observar e explorar de forma activa a contorna do parque xerando interpretacións sobre algunhas situacións e feitos significativos
  • Reparar nos cambios e modificacións a que están sometidos os elementos do parque e relacionalos cos factores que os producen, desenvolvendo actitudes de coidado, respecto e corresponsabilidade na súa conservación.

Área linguaxe: comunicación e representación

  • Empregar diferentes linguas como instrumentos de comunicación, de expresión de ideas e sentimentos, de representación, de aprendizaxe e de gozo.
  • Recoñecer a importancia das manifestacións non verbais -o silencio, a mirada, a xestualidade, o olfacto e o tacto- como elementos xenuínos da comunicación humana.
  • Comprender que as palabras, as representación escritas, os números, notas musicais, iconas e outros símbolos e signos convencionais poden representar os pensamentos, experiencias, coñecementos, ideas e intencións das persoas.
  • Comunicarse oralmente nas dúas linguas oficiais con distintos propósitos -expresar sentimentos, emocións, desexos, ideas…- con diferentes interlocutores e/ou interlocutoras e en diversidade de contextos, valorando a linguaxe como ferramenta de relación cos demais, de regulación da convivencia e de aprendizaxe.


Indagamos

  • Como nacen as plantas?
  • Como comen?
  • Como respiran?
  • En que estación estamos?
  • Por que caen as follas…?
  • Para que nos serven as plantas?

Imos explorar o parque empregando linguas diferentes: castelán, galego, catalán, euskera, portugués, inglés, escritura braille.

Camiñamos en parellas. Cada parella leva unha ficha en busca dunha árbore que debe recoñecer, unha vez a atope, deberán coller unha folla caída da mesma para poder pegala na ficha e posteriormente crear o álbum da primavera.

A historia do trasno Sancho

“Érase que se era un trasno chamado Sancho, o cal vivía nun parque moi fermoso, onde adoitaba pasar o tempo en compañía das diferentes árbores que alí se atopaban. Que vos parece se nos introducimos no mundo de Sancho? Veña imos comezar!

O sauce chorón é un amigo do trasno dende fai moitos anos, porque Sancho o día que o atopou, acercouse a el preguntándolle que lle pasaba e por que estaba chorando xa que o vía moi moi triste. O sauce respondeulle: “non querido trasno, non é que estea triste, pero debes saber que tanto eu como o resto da miña familia temos unha característica que nos identifica, temos moitos anos e o tronco moi grande, polo que xa nos pesa un pouco…”, ao que Sancho lle respondeu: “Oh! que marabilla aprender cousas novas sobre ti! Eu estou sempre por este parque, así que calquera cousa que precises podes contar comigo”. Desde este momento, ambos pasan os días bailando xuntos como grandes amigos.

Sancho, unha vez estaba canso de tanto bailar co sauce, foi na procura do seu amigo o magnolio, o mellor cantante de nanas de todo o parque, polo que Sancho aproveitou o seu gran tamaño e a comodidade das súas follas para tomar un pequeno descanso.

Cando Sancho se atopaba completamente descansado, comezou a notar unha gran sensación de fame, polo que foi a xunto do seu amigo o bambú, quen lle dixo: “eu podo prestarche unha das miñas canas para que vaias pescar e así encher a túa pequena barriga”, ao que Sancho lle respondeu: “moitas grazas amigo! En canto consiga a comida suficiente volverei a devolverche a cana e comeremos os dous xuntos”.

Co estómago cheo, Sancho despídese do seu amigo o bambú e continúa o se camiño en busca de novas aventuras. Así, aparece o seu amigo o liquidámbar quen lle pide que xogue con el ao fútbol empregando os seus numerosos froitos caídos, polo que ambos pasan xuntos un rato moi divertido.

Cando Sancho se aburriu de xogar ao fútbol, decidiu ir a xunto do seu amigo o pino, unha árbore moi moi alta, pola que podía trepar ata a súa cima para así desfrutar das fermosas vistas da cidade de Santiago de Compostela. Vista xa a cidade por completo, baixou do pino e despediuse del, continuando a súa viaxe, atopouse cos patos e as ocas do parque, que lle preguntaron se quería xogar con eles e elas ás agachadas, ao que el lles respondeu que si. Así, unha vez comezado o xogo, Sancho foi a xunto do seu amigo o teixo, unha árbore moi frondosa que lle deixaba agocharse entre as súas pólas e follas de forma que era case imposible que o atoparan.

Como os patos e as ocas non o daban atopado, o trasno Sancho cansouse de esperar e decidiu marchar a xunto do seu amigo o castiñeiro de indias, quen o convidou a xogar con el, de forma que os dous se colleron da man e comezaron a balancearse xuntos.

Despois de tanto balanceo, Sancho dixo: “ai! meu ceo! que mareo!” ao que o castiñeiro de indias respondeu: “ai, Sancho, Sancho! Corre mentres poidas ata a camelia, ela axudarache a que se che pase o mareo”. Cando o trasno chegou, a camelia díxolle: “ule a miña flor e atoparaste mellor”. “Agora que xa estás moito mellor, a onde vas a ir?” - díxolle a camelia a Sancho. “A xunto da miña amiga a ameixa de xardín”.

Sancho emprende o seu camiño, e unha vez alí ela dille: “Boas trasniño, e ti por aquí?”  “Vin a visitarche porque botaba de menos que me cantaras a túa famosa canción”

“Se mo dis así… cantemos entón amigo meu!” díxolle a ameixa.

E xuntos cantaron a canción “Violeta”.

Para rematar co paseo, Sancho despídese e vai a xunto do seu amigo tamarisco que lle di: “Véxoche un pouco canso, hoxe tiveches moitas aventuras. Por que non te tumbas baixo a niña sombra e descansas xa ata mañá?” O trasno, que si que se atopaba moi canso, aceptou a proposta e quedou baixo o seu amigo a durmir placidamente.

Fin.”

Álbum da primavera

Aprendemos co trasno Sancho







Ningún comentario:

Publicar un comentario

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 (Actividades 5 anos)

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 foi militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promot...