Indagamos
- Como nacen as plantas?
- Como comen?
- Como respiran?
- En que estación estamos?
- Por que caen as follas…?
- Para que nos serven as
plantas?
Imos explorar o parque
empregando linguas diferentes: castelán, galego, catalán, euskera, portugués,
inglés, escritura braille.
Camiñamos en parellas. Cada
parella leva unha ficha en busca dunha árbore que debe recoñecer, unha
vez a atope, deberán coller unha folla caída da mesma para poder pegala na
ficha e posteriormente crear o álbum da primavera.
A historia do trasno Sancho
“Érase que se era un trasno
chamado Sancho, o cal vivía nun parque moi fermoso, onde adoitaba pasar o tempo
en compañía das diferentes árbores que alí se atopaban. Que vos parece se nos
introducimos no mundo de Sancho? Veña imos comezar!
O sauce chorón é un amigo do
trasno dende fai moitos anos, porque Sancho o día que o atopou, acercouse a el
preguntándolle que lle pasaba e por que estaba chorando xa que o vía moi moi triste.
O sauce respondeulle: “non querido trasno, non é que estea triste, pero debes
saber que tanto eu como o resto da miña familia temos unha característica que
nos identifica, temos moitos anos e o tronco moi grande, polo que xa nos pesa
un pouco…”, ao que Sancho lle respondeu: “Oh! que marabilla aprender cousas
novas sobre ti! Eu estou sempre por este parque, así que calquera cousa que
precises podes contar comigo”. Desde este momento, ambos pasan os días bailando
xuntos como grandes amigos.
Sancho, unha vez estaba
canso de tanto bailar co sauce, foi na procura do seu amigo o magnolio, o
mellor cantante de nanas de todo o parque, polo que Sancho aproveitou o seu
gran tamaño e a comodidade das súas follas para tomar un pequeno descanso.
Cando Sancho se atopaba
completamente descansado, comezou a notar unha gran sensación de fame, polo que
foi a xunto do seu amigo o bambú, quen lle dixo: “eu podo prestarche unha das
miñas canas para que vaias pescar e así encher a túa pequena barriga”, ao que
Sancho lle respondeu: “moitas grazas amigo! En canto consiga a comida
suficiente volverei a devolverche a cana e comeremos os dous xuntos”.
Co estómago cheo, Sancho
despídese do seu amigo o bambú e continúa o se camiño en busca de novas
aventuras. Así, aparece o seu amigo o liquidámbar quen lle pide que xogue con
el ao fútbol empregando os seus numerosos froitos caídos, polo que ambos pasan
xuntos un rato moi divertido.
Cando Sancho se aburriu de
xogar ao fútbol, decidiu ir a xunto do seu amigo o pino, unha árbore moi moi
alta, pola que podía trepar ata a súa cima para así desfrutar das fermosas
vistas da cidade de Santiago de Compostela. Vista xa a cidade por completo,
baixou do pino e despediuse del, continuando a súa viaxe, atopouse cos patos e
as ocas do parque, que lle preguntaron se quería xogar con eles e elas ás agachadas,
ao que el lles respondeu que si. Así, unha vez comezado o xogo, Sancho foi a
xunto do seu amigo o teixo, unha árbore moi frondosa que lle deixaba agocharse
entre as súas pólas e follas de forma que era case imposible que o atoparan.
Como os patos e as ocas non
o daban atopado, o trasno Sancho cansouse de esperar e decidiu marchar a xunto
do seu amigo o castiñeiro de indias, quen o convidou a xogar con el, de forma que
os dous se colleron da man e comezaron a balancearse xuntos.
Despois de tanto balanceo,
Sancho dixo: “ai! meu ceo! que mareo!” ao que o castiñeiro de indias respondeu:
“ai, Sancho, Sancho! Corre mentres poidas ata a camelia, ela axudarache a que
se che pase o mareo”. Cando o trasno chegou, a camelia díxolle: “ule a miña
flor e atoparaste mellor”. “Agora que xa estás moito mellor, a onde vas a ir?”
- díxolle a camelia a Sancho. “A xunto da miña amiga a ameixa de xardín”.
Sancho emprende o seu
camiño, e unha vez alí ela dille: “Boas trasniño, e ti por aquí?” “Vin a visitarche porque botaba de menos que
me cantaras a túa famosa canción”
“Se mo dis así… cantemos
entón amigo meu!” díxolle a ameixa.
E xuntos cantaron a canción
“Violeta”.
Para rematar co paseo,
Sancho despídese e vai a xunto do seu amigo tamarisco que lle di: “Véxoche un
pouco canso, hoxe tiveches moitas aventuras. Por que non te tumbas baixo a niña
sombra e descansas xa ata mañá?” O trasno, que si que se atopaba moi canso,
aceptou a proposta e quedou baixo o seu amigo a durmir placidamente.
Fin.”
 |
Álbum da primavera |
 |
Aprendemos co trasno Sancho
|